Exposición de Rosalía de Castro na Biblioteca Neira Vilas

A Biblioteca Neiras Vila únese ás celebracións do 150 Aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro ofrecendo unha mostra onde poderemos ver diferentes portadas de distintas publicacións que neste século e medio se fixeron da obra, así como diferentes obxectos da cultura popular que reflicten a importancia de Rosalía nos nosos días. 
A exposición comeza hoxe e remata o 4 de maio. 



Ademais, hoxe,  para conmemorar o Día do libro Infantil, na mesma Biblioteca terá lugar un espectáculo de poesía, historia, música e ficción poética, idóneo para conmemorar o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, e o 50º aniversario do Día das Letras Galegas, que se celebrarán durante todo o ano 2013. O espectáculo leva por nome Rosalía, unha meniña “É a historia dunha nena chamada Rosalía, nada no rural galego de comezos do século XIX, que soubo sentir, soubo escoitar e soubo cantar nunha lingua de pobres que daquela non se escribía”.

This entry was posted in ,,,,. Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...